Actualizado 09:16
18 de novembro

comarcas

Aprender inglés é divertido en Nigrán
60 Mozos españois e ingleses participaron estes días na primeira edición do Acampamento Bilingüe Summer Camp Nigrán 2008 (inglés – Castelán) desenvolvido no CPI Integrado de Panxón.

redacción



Entre o 4 e o 15 de Agosto, no CPI Integrado de Panxón (Nigrán), un grupo de 60 mozos, españois e ingleses, aprenderon a convivir e a compartir experiencias en dúas linguas, castelán e inglés, que estudan durante todo o ano nos seus colexios.

O Acampamento Bilingüe Summer Camp Nigrán 2008 (inglés – Castelán) é unha actividade destinada a nenos e nenas que desexen vivir unhas xornadas de inmersión lingüística con actividades de carácter lúdico, educativo e artístico guiadas por un equipo de profesores nativos de Inglaterra, especializados en diferentes materias.

Durante estes dous semanas os mozos, españois e ingleses e de idades comprendidas entre os 8 e os 16 anos, practicaron deportes, algúns descoñecidos en España, como o Tag Rugby e o Rock it Ball, fixeron teatro, bailaron Street Dance, e aprenderon a tocar os “Steels Drums”, uns instrumentos de percusión traídos expresamente desde Manchester para o Summer Camp Nigrán 2008. Todas estas actividades, ademais das visitas á praia ou os paseos polo monte, foron gravadas e editadas polos propios mozos nun taller de vídeo realizado polas tardes. Na clausura, que tivo lugar o venres 15, mostraron nun festival todo o que aprenderan nestes días.

O Acampamento Bilingüe Summer Camp Nigrán 2008 é unha iniciativa liderada por Marcos Arias Rodríguez veciño de Nigrán e director de linguas no St. Primary School de Manchester, en estreita colaboración co Airexa Club de Baloncesto de Nigrán. Ambos uniron esforzos para consolidar este evento no calendario estival como complemento ás súas actividades específicas de formación de linguas e deporte. O Acampamento Bilingüe Summer Camp Nigrán 2008 recibiu o apoio das Concejalías de Turismo, Educación e Cultura do Concello de Nigrán e de numerosas empresas da comarca .


Espalla esta nova

©2007 - Optimizada para 1024x768 ©2007 Xornal A PENEIRA
Edicións A Peneira-Condado.S.A. - R. Sarmiento Rivera, 17 - 36860 Ponteareas (Galiza) - Teléfono e Fax: 986 660 986